Ir o contido principal
Inicio
  • Galego
  • |
  • Castellano
  • |
  • English

Main navigation

  • Camilo José Cela
    • Biografía
    • Obra
    • Galería
  • O Museo
    • Museo Camilo José Cela
    • Museo do Ferrocarril
    • Visita
    • Programación educativa
    • Aluguer de espazos
    • Amigos do museo
  • Rutas literarias
  • Centro de Estudos
    • Regulamento do investigador
    • Manuscritos
    • Arquivo Camilo José Cela
    • Biblioteca
    • Epistolario
    • Fondo Papeles Son de Armadans
    • Colección de Artes Plásticas
    • Outras coleccións
    • Outros legados
  • Actualidade
    • Novas
  • Sobre a Fundación
    • A sede
    • Misión e obxectivos
    • Liñas de actuación
    • Padroado
    • Quen somos?
  • Transparencia e goberno aberto

Menú como chegar

  • Como chegar

Top Menú

  • Planifica a túa visita
  • Reservar
  • Contactar

Menú redes sociais

  • Facebook
  • Instagram
COÑECENDO ÁS ARTISTAS DA EXPOSICIÓN "CAMIÑOS (IN)CERTOS"

O vindeiro 31 de maio remata a exposición "Camiños (IN)certos". Se queredes coñecer ás doce artistas que formaron parte da mostra e as súas pezas, premede nestes enlaces:

 

PILAR BOULLOSA: https://youtu.be/9R6PfMi_a5A       

SARA COLEMAN: https://youtu.be/o6PqJixZQoY          

IRIA DO CASTELO: https://youtu.be/rAmzczu-…

MAZURCA PARA DOUS POETAS

Co gallo do 30 aniversario da inauguración da Fundación Pública Galega e baixo a coordinación de Yolanda Castaño, a institución de Iria Flavia organiza o ciclo "Mazurca para 2 poetas".

Inspirado na empatía que Camilo José Cela sempre demostrou polos autores novos/as, e nos seus propios iniciáticos (e poéticos) pasos nas letras, a proposta seleccionou tres mozas pero, á vez, sólidas voces da poesía galega e española, e convidounas a que identificasen os seus auténticos referentes na poesía mundial contemporánea.

Ao longo de tres venres de xuño, propiciaremos as emocionantes…

A FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA CUMPLE TRINTA ANOS

O pasado 11 de xuño conmemoráronse trinta anos da inauguración da Fundación Camilo José Cela. Foi un 11 de xuño de 1991 cando os Reis don Juan Carlos I e dona Sofía acompañaron ao escritor na posta en marcha da súa Fundación, co que ese día, segundo as palabras de Cela, “faise realidade o meu soño de devolver á terra galega todo canto me deu e que é a fidedigna mostra, o inequívoco sinal de que vivín”.

O acto do pasado venres contou coa presenza, entre outras autoridades, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou no seu discurso o compromiso do Goberno…

Exposición "La colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas"

Co gallo do 70 aniversario da publicación de La colmena no ano 1951, a Fundación Camilo José Cela abriu ao público o pasado venres a exposición "La colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas". Na mostra o visitante poderá coñecer de primeira man a xénese da novela con todas as vicisitudes que sufriu o seu autor dende a publicación da novela en Bos Aires no ano 1951 ata a súa edición autorizada en España no ano 1963, pasando pola prohibición por parte da censura e chegando á derradeira edición ata o momento, correspondente ao ano 2020. Trátase de medio cento de pezas…

LEMBRANZA DE CAMILO JOSÉ CELA NO 20º ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

A Fundación Pública Galega Camino José Cela ven de lembrar ao escritor padronés cando se cumplen vinte anos do seu pasamento. No cemiterio de Adina en Iria Flavia, fronte á Fundación, o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, levou a cabo unha ofrenda floral, acompañado polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o Concelleiro de Urbanismo do Concello de Padrón, Xosé Ramón Pardo; o Alcalde do Concello de Rois, Ramón Tojo, e o Presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No acto tamén acompañou ás autoridades o persoal da Fundación.

Nese…

O Museo Camilo José Cela amplía o seu horario

A Fundación amplía o horario do Museo Camilo José Cela coincidindo coa recuperación do número de visitantes e a ampla demanda de turismo cultural que está a suscitar o Camiño Portugués. Deste xeito, agora poderá visitarse de martes a sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Ademais, o Museo actualiza as súas tarifas, incluíndo novos colectivos gratuítos e con desconto, e volve ofertar as visitas guiadas á exposición permanente, que se realizarán ás 12.00 e ás 17.00 horas.

A entrada xeral terá un prezo de 3 euros; a reducida será de 1,50 euros e a entrada é…

ARRANCA O CURSO ESCOLAR NA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela acaba de lanzar na súa web a proposta educativa para o curso 2022-2023.

Esta programación específica inclúe visitas dinamizadas ao Museo, proposta de obradoiros didácticos complementarios ás visitas, asesoramento personalizado e posta a disposición de recursos TIC sobre a figura do premio Nobel, así coma o préstamo de valixas didácticas coas que os propios centros educativos poder traballar sobre as letras, a literatura e os Museos nas propias aulas/bibliotecas.

Todas as actividades incluídas na programación educativa da Fundación…

Comeza o IX Concurso de Micropoemas "José García Nieto"

A Fundación José García Nieto, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca o IX Concurso de Micropoemas José García Nieto coa finalidade de fomentar a creación poética e contribuír á difusión da obra do poeta ovetense. Do mesmo xeito, o certame pretende manter viva a lembranza da gran amizade que mantiveron durante máis de cincuenta anos os dous escritores, ambos membros da Real Academia Española e premio Cervantes.

Os traballos premiados serán publicados en edición dixital polas Fundacións dos dous escritores. O fallo farase público o 18 de xaneiro de…

ENCONTRO DE ESCRITORES EN IRIA FLAVIA

Durante os días 19 e 20 de outubro reuníronse na sede da Fundación en Iria Flavia, no marco do 20º aniversario do pasamento de Camilo José Cela, unha veintena de escritores nun encontro extraordinario no que se analizaron temas como "Literatura e realidade, unha relación conflictiva" ou "A traxedia como motor literario". 

Lembrando a reunión que capitaneou Camilo José Cela no ano 1998, diversos autores gozaron cun programa no que, ademáis das sesións de traballo na Fundación, os levou a percorrer as rúas de Santiago nunha visita á Compostela máis literaria. Tamén asistiron na…

A sede

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela ten a súa sede nas Casas dos Cóengos (construídas no século XVIII) que, xunto coa Colexiata de Santa María de Adina, forman parte do conxunto histórico-artístico de Iria Flavia, declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

Iria (Flavia), cidade romana á que o emperador Flavio Vespasiano outorgou no ano 74 o Ius Latii ou dereito da cidadanía latina (de aí a denominación de Flavia), foi sede episcopal na Idade Media, ata que Afonso II trasladou o bispado a Compostela, con motivo do achado do sepulcro de Santiago.…

Paxinación

  • First page « Primeira
  • Páxina anterior ‹‹
  • Page 1
  • Páxina actual 2
  • Page 3
  • Page 4
  • Page 5
  • Page 6
  • Page 7
  • Page 8
  • Page 9
  • Páxina Seguinte ››
  • Last page Última »

Pé

  • Camilo José Cela
    • Biografía
    • Obra
    • Galería
  • O Museo
    • Museo Camilo José Cela
    • Museo do ferrocarril
    • Visita
    • Programación educativa
    • Aluguer de espazos
    • Amigos do museo
  • Centro de estudos
    • Manuscritos
    • Arquivo Camilo José Cela
    • Biblioteca
    • Colección de artes plásticas
    • Epistolario
    • Fondo Papeles de Son Armadans
    • Outras coleccións
    • Outros legados
    • Regulamento do investigador
  • Sobre a Fundación
    • A sede
    • Misión e obxectivos
    • Liñas de actuación
    • Padroado
    • Quen somos?
  • Rutas literarias
  • Novas
  • Transparencia e goberno aberto
Telef. museo: 981 81 24 25
Telef. oficinas: 981 81 03 48
 
Sta María, 22-Iria Flavia
15917. Padrón. A Coruña

Horarios e Tarifas

HORARIO INVERNO (DE OUTUBRO 2023 A XULLO 2024)

DE LUNS A VENRES: de 10:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMO ACCESO PERMITIDO: 13:30 horas.

visitas@fundacioncela.com.

981 81 24 25

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Fundación Camilo José Cela.

  • Accesibilidade
  • Atención á cidadanía
  • Aviso legal
  • Mapa do portal