
A Fundación Pública Galega Camino José Cela ven de lembrar ao escritor padronés cando se cumplen vinte anos do seu pasamento. No cemiterio de Adina en Iria Flavia, fronte á Fundación, o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, levou a cabo unha ofrenda floral, acompañado polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o Concelleiro de Urbanismo do Concello de Padrón, Xosé Ramón Pardo; o Alcalde do Concello de Rois, Ramón Tojo, e o Presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No acto tamén acompañou ás autoridades o persoal da Fundación.
Nese cemiterio de Adina, onde dende os anos corenta Camilo José Cela anunciaba que ía descansar no seu derradeiro sono, Román Rodríguez presentou a programación cultural da institución de Iria Flavia para este "Ano Cela". Unha programación que se oferta rica en exposicións, colaboracións con outras entidades, xornadas académicas, e outros actos.
Os catro proxectos culturais máis importantes serán unha mostra titulada "Cela, poliédrico", cuxa característica principal é a súa itinerancia polas principais cidades galegas; a conmemoración do 80º aniversario da publicación de La familia de Pascual Duarte; dúas xornadas académicas, unha na madrileña Biblioteca Nacional de España e outra na Universidade de Barcelona, e, como broche de ouro, a posta en marcha dunha revista dixital, Cuadernos de Iria Flavia, que tentará seguir os pasos das súas predecesoras, fundadas e dirixidas estas polo propio Camilo José Cela: Papeles de Son Armadans (1956-1979) e El Extramundi y los papeles de Iria Flavia (1995-2011).
Se quere coñecer a programación cultural da Fundación para este ano, pode premer neste enlace:
PROGRAMACIÓN CULTURAL 20 ANIVERSARIO