Outras coleccións

Coleccionismo:

O interese de Camilo José Cela por conservar todo tipo de obxectos cotiáns ou curiosos queda patente nas orixinais coleccións que se conservan na Fundación: botellas dedicadas por grandes personaxes da cultura como Picasso ou Hemingway, necrolóxicas insólitas, caixas de mistos ou de latón, cromos, billetes de lotería, selos, bitolas, moedas e un longo etcétera que nos axudan a comprender o orixinal universo celiano que tanto asombra a uns e a outros.