Colección de Artes Plásticas
O interese que Camilo José Cela mantivo durante toda a súa vida polas artes plásticas vese reflectido nesta valiosa colección composta por case 2000 obras orixinais, onde destacan de maneira especial obra pictórica de artistas como Picasso, Miró, Zabaleta, Laxeiro, Díaz Pardo ou Úrculo entre outros; as do propio escritor —quen chegou a organizar exposicións dos seus óleos a finais dos 40— e as doutros escritores que tamén deron pasos na pintura como Lorca ou Alberti.
Obra gráfica —orixinal ou en matriz—, caricaturas, esculturas e artes decorativas con coleccións de cerámica, ourivaría, téxtiles e vidro complementan este variado fondo de singular valor artístico e que constitúe unha das facetas menos coñecidas do escritor galego.