A Fundación conta tamén cun Comité de Honra. Para coñecer máis sobre este Comité, preme no seguinte enlace:
Directora Xerente: Covadonga Rodríguez Del Corral
Secretaria de dirección: Oliva Mella Cea
Teléfonos de contacto:
Coordinadora de actividades culturais: Dra. Lourdes Regueiro Fernández
Bibliotecario: Iván Rodríguez Varela
Vixilancia e mantemento: Jesús Vázquez Blanco
Teléfonos…
Percorrido breve de 790 metros pola parroquia de Iria Flavia.
Hai un ano comezabamos unha colaboración con Casa-museo Rosalía de Castro con motivo do 30º aniversario da entrega do Premio Nobel a Camilo José Cela mediante o cal todos os visitantes que acudían á Casa da Matanza durante o 2019 recibirían unha entrada gratuíta para coñecer o Museo do escritor padronés.
Con esta colaboración pretendíase estreitar a vinculación entre ambas as dúas institucións, non só referentes na comarca, senón tamén xestoras de Casas-Museo recoñecidas a nivel nacional e internacional.
Neste ano 2020 manteremos esta colaboración que tanto éxito tivo e…
Desde o pasado 1 de febreiro e ata o próximo 11 de abril poderá visitarse no Museo Camilo José Cela a exposición “ Kumano Kodo. Camino de peregrinación”, composta por máis de trinta fotografas do tristemente falecido Luís Ocaña.
O Camiño Kumano- Kodo é unha das peregrinacións máis importantes que teñen lugar en Xapón e que, xunto co Camiño de Santiago, compoñen os dous únicos camiños de peregrinación do mundo catalogados pola UNESCO, en 2004, como Bens Patrimonio da Humanidade. Ambos camiños están irmandados desde o verán de 1998.
Na cultura nipoa, …
O próximo 28 de febreiro na Librería Librouro de Vigo a Fundación celebrará unha nova “Tarde de libros nos #30ANosNobelCela”, na cal Javier Pintor presentará a obra da recentemente galardoada co Premio Nadal 2020, Ana Merino.
Esta terceira entrega do ciclo que comezou en novembro de 2019, xa contou coa participación de José Ovejero –quen presentou a súa nova obra Insurrección – e Pedro Feijoo – quen presentou en Lugo o seu Un lume azul- e pretende ser un encontro entre autor-lector, dinámico, atractivo e no que os verdadeiros protagonistas pasan a ser os autores, os seus…
Desde a Fundación Cela queremos darvos a benvida a nosa nova páxina web.
Co motivo de mellorar a difusión e promoción do legado de Camilo José Cela, renovamos a nosa web para facela máis interactiva e fácil de usar. Nesta páxina poderás atopar información sobre o premio Nobel e o seu legado literario e artístico.
A través de artigos e contidos audiovisuais presentamos as novidades da Fundación e achegamos a figura de Camilo José Cela e o seu traballo dende todas as perspectivas. A nova páxina amosa tamén información práctica…
DE LUNS A VENRES, SÓ MAÑÁS: de 10:00 a 14:00 horas (sábados, domingos e festivos, pechado).
ÚLTIMO ACCESO PERMITIDO: 13:30
SÓ VISITAS CONCERTADAS: baixo cita previa, chamando ao noso teléfono 981 81 24 25 ou escribindo un mail a visitas@fundacioncela.com.
A visita será individual, entendida, non como unha única persoa, senon como unha familia ou unha unidad de convivencia. Non estará permitida a reserva de grupos.
O Museo Camilo José Cela ven de abrir novamente as súas portas ao público tralas restricións sanitarias do derradeiro mes de febreiro. O horario de visita será de luns a venres de 10.00 a 14.00 h., e, mentres dure a situación pandémica, non se cobrará entrada.
Os visitantes poderán gozar da exposición temporal "Camiños (IN)certos", que ampliou a súa estancia no Museo ata o vindeiro 31 de maio. Esta mostra inscríbese na antesala do Xacobeo 2021 e nela participan doce artistas que, a través das súas obras, fan unha referencia simbólica á novela La colmena…
A Fundación Pública Galega Camilo José Cela ven de actualizar a súa páxina web para facela máis interactiva e fácil de usar. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fixo un repaso pola web nun acto no que tamén se deu a coñecer o catálogo da exposición "Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional", visitable no espazo museístico de Iria Flavia ata o vindeiro 31 de maio.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade expuxo que esta renovación do espazo dixital foi realizada co obxectivo de incrementar a…