Exposición “KUMANO KODO". Camino de Peregrinación

Exposición "KUMANO"

Desde o pasado 1 de febreiro e ata o próximo 11 de abril poderá visitarse no Museo Camilo José Cela a exposición “ Kumano  Kodo. Camino de peregrinación”, composta por máis de trinta fotografas do tristemente falecido Luís Ocaña. 
O Camiño  Kumano- Kodo é unha das peregrinacións máis importantes que teñen lugar en Xapón e que, xunto co Camiño de Santiago, compoñen os dous únicos camiños de peregrinación do mundo catalogados pola UNESCO, en 2004, como Bens Patrimonio da Humanidade. Ambos camiños están irmandados desde o verán de 1998. 
Na cultura nipoa,  Kumano é unha terra sacra á que se chega tras atravesar cadeas de  escarpadas montañas como a de  Kii e nas que, segundo a tradición, podíase atopar aos espíritos dos mortos. 
A obra de Luís Alonso Ocaña, contou coa axuda do municipio de  Tosukawa e da prefectura de Nara, onde o Camiño de  Kumano conserva viva unha tradición milenaria. 
Organiza: Turismo de Galicia
Colabora: Fundación Pública Galega Camilo José Cela