Misión e obxectivos

  • Conservará o legado de CJC, fomentará o seu coñecemento e promoverá o seu estudo e a súa difusión.
  • Desenvolverá as súas actividades principalmente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que non se establece ningún límite xeográfico ou político para a súa actuación.
  • Poderá realizar todo tipo de actividades referidas ao ámbito da cultura en xeral e ao literario e artístico en particular.

Serán beneficiarios da Fundación as persoas físicas ou xurídicas interesadas en profundar no coñecemento da vida e a obra de Camilo José Cela, así como o momento histórico e cultural que lle correspondeu vivir.

Subscríbete ao noso boletín