Visita

Como chegar

  • Por estrada:

A localidade de Iria Flavia atópase na estrada N-550 no km 91, preto tamén da autoestrada AP-9, con saída e entrada na parroquia de Herbón. Está ben comunicada con cidades importantes de Galicia, como Santiago de Compostela (a 21 km), A Coruña (80 km), Pontevedra (a 36 km) e Vigo (a 64 km). 

  • En tren:

A liña de ferrocarril ten estación en Padrón a 700 metros da fundación, con frecuencias desde A Coruña, Santiago, Vilagarcía, Pontevedra ou Vigo. 

 

Contorna

  • Terra de escritores

Outros escritores, como Macías o Namorado e Juan Rodríguez da Cámara (ou de Padrón), escribiron aquí os seus versos na Idade Media. A poeta Rosalía de Castro viviu na Casa da Matanza, onde está a súa Casa-Museo, e outros escritores menos coñecidos, como Manuel Barros e Nicasio Pajares, tamén naceron e viviron en Padrón. 

  • Lugar de tradición xacobea

Conta a tradición que aquí predicou o apóstolo Santiago o Maior no lugar de Santiaguiño do Monte e que, á súa morte, os seus discípulos trouxérono de novo a esta terra nunha barca de pedra, a cal foi atada a oura pedra, o "Pedrón". Segundo esta lenda xacobea, o "Pedrón" consérvase na igrexa de Santiago de Padrón.

  • Outros lugares de interese

Na vila de Padrón podemos atopar outros lugares de gran interese cultural e profundas raíces históricas: o paseo do espolón (que bordea a canle do río Sar e onde se sitúan os monumentos dedicados a Rosalía de Castro e Camilo José Cela), a ponte de Santiago, o Convento do Carme.... Alén do río, atopamos a fonte do Carme e o viacrucis que ascende ata a ermida de Santiaguiño do Monte.

Tamén é rico Padrón en casas señoriais, como os pazos do Bispo de Quito ou o de Arretén, ou prazas como a de Macías. 

Son lugares de visita obrigada por seren exemplos de arquitectura relixiosa o mosteiro franciscano de San Antonio de Herbón, orixinario do século XIV, o santuario da Escravitude e a xa mencionada igrexa de Santiago. 

  • Gastronomía

Entre os produtos gastronómicos sobresaen de maneira especial sobre os demais nesta comarca os famosos pementos, introducidos desde América polos monxes franciscanos de Herbón no séclo XVII, e a lamprea, capturada entre os meses de febreiro e maio de forma tradicional nas pesqueiras orixinarias de época romana. 

Paga a pena achegarse ao mercado dominical de Padrón para comprobar a riqueza gastronómica dunha comarca xenerosa para os amantes da boa mesa e da tradición culinaria. 

Para máis información consulta a páxina de Turismo de Padrón ou a páxina Terras de Iria. 

Horarios

HORARIO VERÁN 2025

DO 1 DE XULLO AO 13 DE SETEMBRO DE 2025

De MARTES a SÁBADO:

Mañáns de 10:00 a 14:00

Tardes de 16:30 a 20:00

 

HORARIO INVERNO 2025-2026

DO 15 DE SETEMBRO DE 2025

AO 30 DE XUÑO DE 2026

De LUNS a VENRES:

Mañáns de 10:00 a 14:00

 

ÚLTIMOS ACCESOS PERMITIDOS:

13:30 h. MAÑÁN

19.30 h. TARDE

 

Tarifas 

 

Xeral:

3,00 €/p

 

 

Reducida:

 

1,50 €/p

Carné xove / Carné de estudante / Carné internacional de estudante / Grupos de adultos de 11 ou máis persoas / Peregrinos

Gratuíta

Individual

Menores de idade / Maiores de 65 anos / Xubilados / Tarxeta FEAM / Persoas discapacitadas / Desempregados / Veciños de Padrón

Gratuíta

Grupos

Grupos de escolares de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato / Formación profesional / Universidade

Gratuíta

TODOS

Martes todo o día

Sábados pola tarde 

 

Visita guiada comentada tódolos días ás 12:00 h. e ás 17:00 h.

2,00 €/p

Complemento sobre tarifa.

Visita comentada especializada de 50 minutos de duración.

 

 

Teléfono: 981 81 24 25

Correo electrónico: visitas@fundacioncela.com.

 

 

 

Subscríbete ao noso boletín