Programación educativa

En 1986 Camiliño Josesiño creou o seu museo en Iria Flavia, a aldea na que naceu. Nel gárdanse todas as súas cousas para que non se estraguen e para que todas as persoas que o desexen puideran vir velas e aprender moito sobre Camiliño e as súas obras, pero tamén sobre outros escritores e artistas amigos seus.
Por iso todos os anos na Fundación pensamos unha chea de actividades para que, ademais de aprender, a xente que nos visite se divirta moito no museo de Camiliño, especialmente os nenos que veñan vernos co cole. Para eles temos preparadas unha chea de actividades entretidas. Queres coñecelas? Dá igual os anos que teñas porque temos para todas as idades.

Visitas comentadas e obradoiros

Xogando podes visitar o museo. Ademais, podes realizar algún obradoiro relacionado coas visitas, nos que a imaxinación, a creatividade e a diversión están garantidas. Coñece aquí algunhas das nosas visitas.
 

Camiliño Josesiño vai á escola - valixas didácticas

Pero se o teu cole non te pode traer de visita ao museo de Camiliño Josesiño, podemos prestarche algunha valixa didáctica na que metemos algunhas das cousas preferidas de Camiliño.
 

Letreseo: Semana das Letras no Museo

En maio, durante unha semana todos os anos, o museo está de festa, porque hai moito que celebrar: é o aniversario de Camiliño Josesiño (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio). Non o perdas, porque sempre temos algunha sorpresa!

Asesoramento ao profesorado

Se es profe, botámosche unha man para preparar a visita: temos á túa disposición materiais que podes pedirnos adaptados a cada ciclo. Recomendámosche tamén a Unidade de Lectura Interactiva realizada xunto con EducaBarrié "Camilo José Cela, un creador total". Atrévete a coñecer a Camiliño Josesiño e sácalle partido nas túas clases!

Estas son algunhas das cousas que che temos preparadas. Se queres coñecer máis, consulta a nosa Programación Educativa Museo CJC_2023-2024.pdf

Subscríbete ao noso boletín