Para coñecer máis sobre Papeles de Son de Armadans e sobre a outra revista que fundou e dirixiu Camilo José Cela en 1995 ata o seu falecemento en 2002 baixo o amparo da Fundación, El Extramundi y los papeles de Iria Flavia:
Fondo Papeles de Son Armadans
Na Fundación consérvase o arquivo da revista de creación literaria Papeles de Son Armadans, fundada e dirixida polo propio Camilo José Cela durante máis de vinte anos en Palma de Mallorca desde 1956 a 1979. Neste arquivo inclúese a colección de separatas dedicadas polos colaboradores da revista a CJC, tarxetas de subscritores e mesmo a colección das xilografías que ilustraron a revista.