Liña plástica
Organización de exposicións, obradoiros e actividades plásticas a partir da ampla pinacoteca coa que conta a Fundación.
Centro documental España xaneiro de 1942-xaneiro 2002
Facilitar o acceso ao epistolario de CJC, ao fondo documental e ao arquivo de prensa para descubrir novas claves do devir cultural español durante os 60 anos nos que CJC se dedicou ao oficio de escritor.
Promoción de Iria Flavia
Iria Flavia é a aldea natal do escritor. En 1996 S.M. El-Rei concedeulle o título de marqués de Iria Flavia. Desde 2002 o escritor padronés está soterrado no cemiterio de Santa María de Adina desta localidade, segundo os seus expresos desexos, polo que a Fundación deberá promover todo tipo de actividades a favor da devandita aldea, o seu patrimonio histórico e os seus veciños.