Museo Camilo José Cela

ACTIVIDADES CULTURAIS

A Fundación ofrece anualmente unha completa programación cultural para achegar a figura de Camilo José Cela e o seu legado ao visitante: visitas guiadas á exposición permanente, préstamos a outras institucións, actividades educativas para escolares e eventos culturais de todo tipo.
A Fundación tamén programa exposicións temporais tanto dentro como fóra da súa sede, ben relacionadas con algunha efeméride de interese ou ben como colaboración con outras entidades, co obxectivo de converter o Museo Camilo José Cela nun referente cultural e artístico da comarca.
A Fundación dispón tamén de amplos e cómodos espazos, de recunchos cheos de historia e de cultura para a realización de todo tipo de actos, cursos, conferencias ou presentacións.

EXPOSICIÓN PERMANENTE

Como entidade museística, a Fundación conta cunha exposición permanente vertebrada de forma cronolóxica co fin de mostrar a bagaxe vital e literaria de Camilo José Cela.
 

 

POLÍTICA DE PRÉSTAMOS

Como complemento ás exposicións propias, a Fundación desenvolve unha política de préstamos gratuítos de fondos museísticos a outras institucións.
Se es unha institución interesada no préstamo dalgún dos nosos fondos, podes contactarnos no enderezo electrónico iriaflavia@fundacioncela.com

Subscríbete ao noso boletín