Manuscritos

A través das súas páxinas manuscritas pódese realizar a xenética textual de cada unha das súas obras: a un primeiro manuscrito —cunha letra que co paso dos anos se fai máis diminuta pero sempre moi clara e lexible— segue unha primeira copia mecanografada na que o autor fai múltiples correccións, en moitos casos verdadeiros galimatías; suceden a esta copia moitas outras con máis correccións ata a versión final que foi levada á imprenta.

Ademais de manuscritos de Camilo José Cela, nesta colección pódense atopar manuscritos doutros autores como Pío Baroja, Federico García Lorca, Vicente Aleixandre, Dámaso Alonso ou Ramón Otero Pedrayo.

Para saber máis sobre os manuscritos de Camilo José Cela consulta a páxina

imagen_linkCervantes Virtual/Manuscritos

Subscríbete ao noso boletín