Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal da internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios da internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio “www.fundacioncela.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

 

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal abertos.xunta.gal, aínda que esta pode ser tamén atopada no portal da Axencia de Turismo de Galicia e sometida aos mesmos dereitos que a situada no portal abertos.xunta.gal. A información que a Fundación Pública Galega Camilo José Cela proporciona a través do portal abertos.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia ou desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

 

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso empréganse para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, presione aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

 

Protección de datos para os boletíns e o formulario de contacto

As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, no seguinte enlace: Información sobre protección de datos personais (https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos).

 

Protección de datos para o formulario de suscripción ó boletín

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Fundación Pública Galega Camilo José Cela

Finalidade do tratamento

Tramitar a súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín de novidades publicadas no portal da Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

Lexitimación para o tratamento

Consentimento outorgado pola persoa interesada

Destinatarios dos datos

Non se prevén comunicacións a terceiros

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en

https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Así mesmo, poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación a

iriaflavia@fundacioncela.com

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

 

Protección de datos para o formulario de Contacto

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Fundación Pública Galega Camilo José Cela

Finalidade do tratamento

Xestionar as solicitudes de información, suxestións e outras comunicacións dirixidas a través deste formulario.

Lexitimación para o tratamento

Consentimento da persoa interesada

Destinatarios dos datos

Cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en

https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

 

Protección de datos para o formulario de regulamento do investigador

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Fundación Pública Galega Camilo José Cela

Finalidade do tratamento

Tramitar as solicitudes do investigador interesado no legado que se custodia na FPGCJC segundo o estipulado no regulamento da entidade.

Lexitimación para o tratamento

Cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Destinatarios dos datos

Non se prevén comunicacións a terceiros

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en

https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

 

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

 

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Subscríbete ao noso boletín