Benvidos á nova web da Fundación Cela

Welcome to the new website of the Cela Foundation

Desde a Fundación Cela queremos darvos a benvida a nosa nova páxina web.

Co motivo de mellorar a difusión e promoción do legado de Camilo José Cela, renovamos a nosa web para facela máis interactiva e fácil de usar. Nesta páxina poderás atopar información sobre o premio Nobel e o seu legado literario e artístico.

A través de artigos e contidos audiovisuais presentamos as novidades da Fundación e achegamos a figura de Camilo José Cela e o seu traballo dende todas as perspectivas. A nova páxina amosa tamén información práctica sobre a Fundación e o Museo, como a axenda de exposicións, e serve de voceiro das actividades que realizaremos ao longo do ano.

Estades todos convidados a coñecela!