Colaboración coa Casa-Museo Rosalía de Castro

Entrance to the Casa Rosalia e Museo CJC

Hai un ano comezabamos unha colaboración con Casa-museo Rosalía de Castro con motivo do 30º aniversario da entrega do Premio Nobel a Camilo José Cela mediante o cal todos os visitantes que acudían á Casa da Matanza durante o 2019 recibirían unha entrada gratuíta para coñecer o Museo do escritor padronés.
 Con esta colaboración pretendíase estreitar a vinculación entre ambas as dúas institucións, non só referentes na comarca, senón tamén xestoras de Casas-Museo recoñecidas a nivel nacional e internacional. 
Neste ano 2020 manteremos esta colaboración que tanto éxito tivo e seguiremos compartindo experiencias entre ambas Casas-Museo. 
Nota importante: Dentro desta entrada gratuíta non se inclúe o servizo de visitas guiadas, que deberá abonarse aparte.