Nova "Tarde de Libros Nos #30ANOSNOBELCELA"

New "BOOK AFTERNOON IN THE # 30YEARSNOBELCELA"

O próximo 28 de febreiro na Librería Librouro de Vigo a Fundación celebrará unha nova “Tarde de libros nos #30ANosNobelCela”, na cal Javier Pintor presentará a obra da recentemente galardoada co Premio Nadal 2020, Ana Merino. 

Esta terceira entrega do ciclo que comezou en novembro de 2019, xa contou coa participación de José Ovejero –quen presentou a súa nova obra Insurrección – e Pedro Feijoo – quen presentou en Lugo o seu Un lume azul- e pretende ser un encontro entre autor-lector, dinámico, atractivo e no que os verdadeiros protagonistas pasan a ser os autores, os seus personaxes e como se reflicten neles os seus lectores.

Onde: Librería Librouro (Vigo)
Cando: 28 de febreiro de 2020, 19:00 horas
Presentan: Javier Pintor, Inma Lçopez Silva e Covadonga Rodríguez
Autora convidada: Ana Merino coa súa obra El mapa de los afectos

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO