Ir o contido principal
Inicio
  • Galego
  • |
  • Castellano
  • |
  • English

Main navigation

  • Camilo José Cela
    • Biografía
    • Obra
    • Galería
  • O Museo
    • Museo Camilo José Cela
    • Museo do Ferrocarril
    • Visita
    • Programación educativa
    • Aluguer de espazos
    • Amigos do museo
  • Rutas literarias
  • Centro de Estudos
    • Regulamento do investigador
    • Manuscritos
    • Arquivo Camilo José Cela
    • Biblioteca
    • Epistolario
    • Fondo Papeles Son de Armadans
    • Colección de Artes Plásticas
    • Outras coleccións
    • Outros legados
  • Actualidade
    • Novas
  • Sobre a Fundación
    • A sede
    • Misión e obxectivos
    • Liñas de actuación
    • Padroado
    • Quen somos?
  • Transparencia e goberno aberto

Menú como chegar

  • Como chegar

Top Menú

  • Planifica a túa visita
  • Reservar
  • Contactar

Menú redes sociais

  • Facebook
  • Instagram
#RegalaCultura
CICLO EXTRAMUNDIS

Dende este verán a Fundación conta cun novo evento musical: o Ciclo Extramundis. Ao seu amparo celebráronse en Iria Flavia ata o de agora dous concertos.

O 22 de agosto recalou novamente Carlos Núñez para presentar o seu novo disco, "Celtic Sea". Música celta, galega... Un abano de sons que encheron estas paredes de pedra.

O 7 de setembro Francisco Castro e a Banda dos Borges levantou ao público dos asentos para danzar sen pausa coas súas composicións.

Non remata aquí o noso Ciclo. O vindeiro 10 de outubro, ás 20.00 h., a Ensemble Liberdade experimentará coa música…

NOVO HORARIO DO MUSEO CAMILO JOSÉ CELA

A partires do luns, 21 de outubro, o Museo Camilo José Cela cambiará o seu horario ao de inverno. Así, abrirá ao público de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h. (tardes, sábados, domingos e festivos estará pechado).

Para concertar visitas ou máis información, pode facerse no teléfono 981-81.24.25 ou no correo electrónico visitas@fundacioncela.com

NOVA EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

O pasado venres, 17 de xaneiro, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou o “relevante labor” da Fundación Pública Camilo José Cela “na dinamización cultural de Galicia”. Fíxoo tras participar na ofrenda floral co gallo do 23 cabodano do pasamento do escritor padronés.

Tras a ofrenda floral, o conselleiro visitou a primeira exposición deste ano da Fundación Camilo José Cela para conmemorar o 26 aniversario da publicación de Madera de boj, a derradeira novela de Camilo José Cela. A mostra ofrece a xénese da súa creación e a relación do escritor coa…

25º ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE "MADERA DE BOJ"

Por mor do 25º aniversario da publicación e posta en circulación da novela celiana Madera de boj, a Casa de Rosalía de Castro entregará aos seus visitantes unha entrada gratuíta para visitar o Museo Camilo José Cela. Non deixedes escapar a oportunidade de coñecer aos dous grandes escritores de Padrón. Agardámosvos!

DIXITALIZACIÓN E PUBLICACIÓN DAS CARTAS GALEGAS DE CAMILO JOSÉ CELA

A Directora da Fundación, Covadonga Rodríguez, a Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, veñen de presentar o portal "As epístolas galegas de CJC", un proxecto realizado no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a institución cultural galega para dixitalizar e poñer a disposición do público as cartas de Camilo José Cela relacionadas con Galicia e conservadas na Fundación en Iria Flavia. 

Nesta primeira fase publícanse a través da web do Consello da Cultura Galega…

I XORNADA "XORNALISMO E LITERATURA DE ONTE E HOXE"

O pasado venres, 11 de abril, celebrouse na Fundación Camilo José Cela a primeira xornada "Periodismo e Literatura de onte e hoxe". En colaboración coas Fundacións Carlos Casares e Gonzalo Torrente Ballester, tres expertos analizaron a faceta xornalística destes escritores galegos. O periodista Ernesto S. Pombo, a profesora da Universidad da Coruña Olivia Rodríguez e o periodista Ramón Rozas falaron da pegada que o xornalismo deixou na escrita de CJC, Casares e Torrente Ballester.

A continuación, dúas mesas redondas, moderadas polo profesor José Antonio Ponte Far e a Directora da…

HORARIO DO MUSEO CAMILO JOSÉ CELA EN SEMANA SANTA

O Museo Camilo José Cela pechará ao público dende o xoves, 17 de abril, ata o luns, 21 de abril, ámbolos dous incluídos.

Volverá a abrir as portas aos visitantes o martes, 22 de abril, no horario habitual de 10.00 a 14.00 h.

Desculpen as molestias.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "30 ANOS DA CONCESIÓN DO CERVANTES A CAMILO JOSÉ CELA"

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo Camilo José Cela unha exposición que conmemora o trinta aniversario do Premio Cervantes que recibiu o escritor en 1995, así como o cincuenta aniversario da creación do galardón en 1975.

A exposición, que se poderá visitar ata decembro, reúne desde cartas con felicitacións polo premio a Cela ata recortes de prensa sobre a concesión e entrega do galardón. Tamén se pode contemplar un epistolario con outros premios Cervantes, incluíndo unha pequena homenaxe a Mario Vargas Llosa e ao poeta José García Nieto, cuxo legado…

UNHA OBRA DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA EN CHICAGO

O cadro "Hombre y joven marinero" (1929) de Federico García Lorca, pertencente á pinacoteca da Fundación, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará hoxe, 2 de maio, no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869.

Antes da súa viaxe a Chicago, a peza foi sometida a unha intervención conservadora coordinada pola especialista Sylvia Fernández Bueno, coa finalidade de garantir a…

Paxinación

  • First page « Primeira
  • Páxina anterior ‹‹
  • Page 1
  • Page 2
  • Page 3
  • Páxina actual 4
  • Page 5
  • Page 6
  • Page 7
  • Page 8
  • Page 9
  • Páxina Seguinte ››
  • Last page Última »

Pé

  • Camilo José Cela
    • Biografía
    • Obra
    • Galería
  • O Museo
    • Museo Camilo José Cela
    • Museo do ferrocarril
    • Visita
    • Programación educativa
    • Aluguer de espazos
    • Amigos do museo
  • Centro de estudos
    • Manuscritos
    • Arquivo Camilo José Cela
    • Biblioteca
    • Colección de artes plásticas
    • Epistolario
    • Fondo Papeles de Son Armadans
    • Outras coleccións
    • Outros legados
    • Regulamento do investigador
  • Sobre a Fundación
    • A sede
    • Misión e obxectivos
    • Liñas de actuación
    • Padroado
    • Quen somos?
  • Rutas literarias
  • Novas
  • Transparencia e goberno aberto
Telef. museo: 981 81 24 25
Telef. oficinas: 981 81 03 48
 
Sta María, 22-Iria Flavia
15917. Padrón. A Coruña

Horarios e Tarifas

HORARIO INVERNO (DE OUTUBRO 2023 A XULLO 2024)

DE LUNS A VENRES: de 10:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMO ACCESO PERMITIDO: 13:30 horas.

visitas@fundacioncela.com.

981 81 24 25

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Fundación Camilo José Cela.

  • Accesibilidade
  • Atención á cidadanía
  • Aviso legal
  • Mapa do portal