Un ano máis comeza este mes de maio co LETRESEO, a Semana das Letras no Museo, que este ano cobra un senso especial por cumprirse o XXX aniversario do premio Cervantes ao Nobel galego. Será un Letreseo cheo de sorpresas, de música e de arte, e cunha xornada de portas abertas desde o 9 ao 23 de maio.
Tamén se pode ver a exposición dedicada á concesión do premio Cervantes a Camilo José Cela, quen formou parte do xurado do mesmo na súa creación, da que se cumpren cincuenta anos.
O Letreseo culminará co concerto de ANTÍA MUÍÑO o día 23 de maio, ás 20:00 horas, no Museo Camilo…
O pasado venres, 9 de maio, lembrouse a Camilo José Cela no 109º anviersario do seu nacemento, acaecido o 11 de maio de 1916. Levouse a cabo unha ofrenda floral no cemiterio de Adina, onde repousa o escritor. Nela participou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; os alcaldes de Padrón, Dodro e Rois; o presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro; o Presidente do Clúster de Turismo; varias concelleiras do concello de Padrón e algún veciño de Iria Flavia. O acto estivo amenizado polo grupo folclórico Xoldra E…
Desde o 1 de xullo e ata o 30 de setembro o Museo Camilo José Cela ampliará o seu horario para adaptalo á época estival.
Deste xeito, abrirá ao público de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h. Os domingos e festivos permanecerá pechado.
Para calquera información adicional, pódese chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico visitas@fundacioncela.com
O pasado venres, 18 de xullo, inaugurouse na Fundación Camilo José Cela a exposición "Habitar o baleiro", mostra fotográfica do fotoxornalista Brais Lorenzo Couto, que ten como obxectivo documentar o despoboamento e a vida no rural galego.
Trátase dunha mestura de trinta imaxes de Brais Lorenzo e textos de Claudia Morán e escritos por ela, Manolo Broa, Alba Modelo, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, para documentar as luces e as sombras dalgunha das áreas máis despoboadas de Galicia.
A mostra complétase con textos do propio Camilo José Cela, así como tamén pezas que…
Coma tódolos anos, o Museo Camilo José Cela cambia o seu horario para adaptalo á nova estación outonal. A partires de hoxe, 15 de setembro, abrirá ao público de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h.
Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 81 24 25, escribir ao correo electrónico visitas@fundacioncela.com ou consultar os novos horarios e tarifas en https://fundacioncela.gal/gl/horarios-e-tarifas.
Agardámoste!
Coma tódolos anos, a Fundación Camilo José Cela oferta aos centros escolares unha completa programación educativa coa finalidade de que tanto alumnos como profesores coñezan ao premio Nobel padronés e o seu museo.
Obradoiros, visitas guiadas e interaccións entre os membros da comunidade educativa e do museo é o que agavilla esta programación pensada para que os escolares aprendan xogando.
Para máis información, prégase chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico iriaflavia@☺fundacioncela.com
Agardámosvos!
…
O pasado 17 de xaneiro cumpríronse vinte e catro anos do pasamento de Camilo José Cela. Por mor desta efeméride a Fundación lembrou a quen foi o seu presidente cunha ofrenda floral no cemiterio de Adina, en Iria Flavia.
No acto participaron o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o Alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca; a Subdirectora de Arquivos, Mª del Carmen Calviño; o portavoz do Grupo Popular do concello de Padrón, Ángel Rodríguez Conde; o Presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o Presidente da Fundación Otero Pedrayo, José Eduardo López…
Co gallo do 75 aniversario da publicación da obra no ano 1951 na editorial Emecé de Bos Aires (Arxentina), o pasado 1 de abril inaugurouse a exposición "La colmena. 75 anos", acto que contou coa presenza do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a Concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, e o diputado do Parlamento galego, Ángel Rodríguez Conde.
Nesta exposición amósase ao visitante unha serie de pezas pertencentes ao fondo documental, bilbliográfico e artístico de Camilo José Cela. Entre elas cómpre salientar os catro volumes que forman o manuscrito orixinal da novela, a…
Co gallo do Centenario do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a Fundación Camilo José Cela únese aos actos conmemorativos con dúas convocatorias.
O día 23 de abril, ás 20.00h, o guía turístico, actor e historiador Suso Martínez presentará a segunda edición do seu libro El Rey de los Jíbaros de Ortigueira, onde narra a emigración de Manuel Martínez a Cuba no ano 1850. A historia relata as brutais realidades de la escravitude, as loitas dos inmigrantes e as ambigüidades morais do poder e a opresión.
Doutra banda, o día 25 de abril, ás 20.00 h., estrearase a obra "Repunantas.…
O pasado 11 de maio a Fundación Camilo José Cela lembrou a quen foi o seu Presidente, no día en que se cumprían cento dez anos do seu nacemento en Iria Flavia. Para iso, realizouse unha ofrenda floral no cemitero de Adina, no que participaron o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca; o alcalde de Dodro, Xavier Castro; o diputado autonómico Ángel Rodríguez Conde, e a directora da Fundación, Covadonga Rodríguez, así como o personal da Fundación.
Ao día seguinte, comezou o "Letreseo. As Letras no Museo", cuxa primeira actividade foi establecer unha…