Ir o contido principal
Inicio
  • Galego
  • |
  • Castellano
  • |
  • English

Main navigation

  • Camilo José Cela
    • Biografía
    • Obra
    • Galería
  • O Museo
    • Museo Camilo José Cela
    • Museo do Ferrocarril
    • Visita
    • Programación educativa
    • Aluguer de espazos
    • Amigos do museo
  • Rutas literarias
  • Centro de Estudos
    • Regulamento do investigador
    • Manuscritos
    • Arquivo Camilo José Cela
    • Biblioteca
    • Epistolario
    • Fondo Papeles Son de Armadans
    • Colección de Artes Plásticas
    • Outras coleccións
    • Outros legados
  • Actualidade
    • Novas
  • Sobre a Fundación
    • A sede
    • Misión e obxectivos
    • Liñas de actuación
    • Padroado
    • Quen somos?
  • Transparencia e goberno aberto

Menú como chegar

  • Como chegar

Top Menú

  • Planifica a túa visita
  • Reservar
  • Contactar

Menú redes sociais

  • Facebook
  • Instagram
EXPOSICIÓN "SE ACABÓ EL DIVAGAR. 80 ANOS DA PUBLICACIÓN DE "LA FAMILIA DE PASCUAL DUARTE"

O pasado 19 de outubro inauguróuse na sede da Fundación a exposición "Se acabó el divagar. 80 anos da publicación de La familia de Pascual Duarte", que fai un percorrido pola xénese da primeira novela de Camilo José Cela.

Publicada en decembro de 1942, La familia de Pascual Duarte supuxo unha apertura no estancado panorama literario da España da posguerra. A exposición, que se pode visitar en Iria Flavia, recolle desde o manuscrito da novela ata as cartas da censura (que secuestrou a segunda edición), pasando pola edición en galego feita por Vicente Risco e prologada por Ramón…

OFRENDA FLORAL EN LEMBRANZA DE CAMILO JOSÉ CELA

O pasado dezasete de xaneiro a Fundación Camilo José Cela lembrou ao escritor no día no que se cumprían vinte e un anos do seu pasamento. Para a ocasión, realizouse unha ofrenda floral xunto á tumba de CJC no cemiterio de Adina. O acto contou coa presenza do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o alcalde e a concelleira de cultura do concello de Padrón, Antonio Fernández Angueira e Lorena Couso; os alcaldes dos concellos de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xavier Castro, e o presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Os alumnos do IES Macías o Namorado de Padrón e…

EXPOSICIÓN "PICASSO VIVO. O LEGADO PICASSIANO DE CAMILO JOSÉ CELA"

O pasado 28 de febreiro inaugurouse na Fundación a exposición "Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela", que narra a amizade entre o pintor malagueño e o escritor padronés. A través de case medio centenar de pezas, faise un percorrido pola relación entre dúas grandes figuras da literatura e da pintura do século XX. Libros, manuscritos, cuadros, obxectos persoais e un longo etcétera  tecen os fíos dun anaco da historia entre Cela e Picasso.

A exposición, feita íntegramente con materiais do legado que CJC doou a Galicia, enmárcase dentro do "Ano Picasso", no que se…

HORARIO DO MUSEO CAMILO JOSÉ CELA NA SEMANA SANTA

O Museo Camilo José Cela permanecerá pechado dende o Xoves Santo, 6 de abril, ata o vindeiro luns, 10 de abril.

A partires do martes, 11 de abril, no noso horario habitual de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h .poderáse volver a visitar o Museo, incluíndo a exposición temporal "Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela", que lembra ao pintor malagueño e a súa amizade co escritor galego.

Para calquera dúbida, os correos electrónicos de contacto son: visitas@fundacioncela.com ou…

AMPLIACIÓN DA EXPOSICIÓN "PICASSO VIVO. O LEGADO PICASSIANO DE CAMILO JOSÉ CELA"

Debido ao éxito acadado coa exposición "Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela", amplíase a mostra ata o vindeiro mes de setembro. Nela pódese coñecer a amizade entre o pintor malagueño e o escritor galego, que deu como froitos diversas publicacións de incalculable valor. 

Para calquera información adicional:

Teléfono: 981-81.24.25

Correo electrónico: visitas@fundacioncela.com

EXPOSICIÓN "CEN ANOS DA REVISTA DE OCCIDENTE"

Co gallo do centenario da publicación do filósofo Ortega y Gasset, Revista de Occidente, a Fundación rende unha pequeña e emotiva homenaxe que conmemora o seu século de vida.

Facendo un percorrido polas tres etapas da revista, dende a súa fundación en 1923 ata a actualidade, resúmese o discorrer dun dos faros culturais da Idade de Prata das revistas españolas.

Do mesmo xeito, vencéllase esta publicación con Papeles de Son Armadans, revista fundada por Camilo José Cela en 1956, a través das colaboracións entre ambas, publicando textos dos seus autores ou intercambiando…

CONCERTO DE CARLOS NUÑEZ NOS XARDÍNS DO MUSEO

Para celebrar que chega o verán e que os nosos xardíns son un espazo máxico onde os haia, a xira "Lugares Máxicos" de Carlos Nuñez recala por primeira vez no Museo Camilo José Cela.

Un concerto único, cun aforo para 500 persoas que van gozar dun solpor inesquecible baixo camelias e castaños centenarios e coa marabillosa galería e terraza dos edificios das Casas dos Cóengo de fondo.

E se queres aproveitar ben, ben o día, estamos xa co noso horario de verán co que poderás percorrer durante todo o día as múltiples ofertas culturais que Padrón che ofrece:…

RESTAURACIÓN DA LOCOMOTORA "SARITA"

O pasado venres, 15 de setembro, e coincidindo co 150º aniversario do inicio do primeiro tren galego, a Fundación Camilo José Cela inaugurou a restauración da locomotora SAR, bautizada familiarmente como "Sarita". Deste xeito, este emblemático elemento volve a  estar dispoñible nos xardines da Casa-Museo para os visitantes  que se acheguen á sede en Iria Flavia. Restaurada pola empresa Sinde, a Sarita, unha locomotora Hunslet de 1880, mostra en todo o seu esplendor o seu material orixinal.

O acto de inauguración contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación,…

NOVA PROGRAMACIÓN EDUCATIVA 2023-2024

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela lanza a súa proposta educativa para o curso escolar 2023-2024. Esta programación para os centros escolares inclúe visitas dinamizadas ao Museo, proposta de obradoiros didácticos complementarios ás visitas, asesoramento personalizado e  préstamo de valixas didácticas coas que os propios centros educativos poderán traballar sobre as letras, a literatura e os Museos nas propias aulas/bibliotecas.

Tódalas actividades incluídas nesta programación educativa son gratuítas e precisan de reserva previa nos teléfonos e enderezos electrónicos…

NOVO HORARIO DO MUSEO CAMILO JOSÉ CELA

A partires deste luns, 23 de outubro, e ata o 30 de xuño do 2024, o Museo Camilo José Cela cambia o seu horario ao de inverno. Deste xeito, a institución estará aberta ao público de luns a venres de 10.00 a 14.00 h. Os sábados, domingos e festivos permanecerá pechada.

Para calquera información adicional ou reserva previa, lembre o teléfono 981-81.24.25 ou o correo electrónico visitas@fundacioncela.com

Paxinación

  • First page « Primeira
  • Páxina anterior ‹‹
  • Page 1
  • Page 2
  • Páxina actual 3
  • Page 4
  • Page 5
  • Page 6
  • Page 7
  • Page 8
  • Page 9
  • Páxina Seguinte ››
  • Last page Última »

Pé

  • Camilo José Cela
    • Biografía
    • Obra
    • Galería
  • O Museo
    • Museo Camilo José Cela
    • Museo do ferrocarril
    • Visita
    • Programación educativa
    • Aluguer de espazos
    • Amigos do museo
  • Centro de estudos
    • Manuscritos
    • Arquivo Camilo José Cela
    • Biblioteca
    • Colección de artes plásticas
    • Epistolario
    • Fondo Papeles de Son Armadans
    • Outras coleccións
    • Outros legados
    • Regulamento do investigador
  • Sobre a Fundación
    • A sede
    • Misión e obxectivos
    • Liñas de actuación
    • Padroado
    • Quen somos?
  • Rutas literarias
  • Novas
  • Transparencia e goberno aberto
Telef. museo: 981 81 24 25
Telef. oficinas: 981 81 03 48
 
Sta María, 22-Iria Flavia
15917. Padrón. A Coruña

Horarios e Tarifas

HORARIO INVERNO (DE OUTUBRO 2023 A XULLO 2024)

DE LUNS A VENRES: de 10:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMO ACCESO PERMITIDO: 13:30 horas.

visitas@fundacioncela.com.

981 81 24 25

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Fundación Camilo José Cela.

  • Accesibilidade
  • Atención á cidadanía
  • Aviso legal
  • Mapa do portal