
Para celebrar que chega o verán e que os nosos xardíns son un espazo máxico onde os haia, a xira "Lugares Máxicos" de Carlos Nuñez recala por primeira vez no Museo Camilo José Cela.
Un concerto único, cun aforo para 500 persoas que van gozar dun solpor inesquecible baixo camelias e castaños centenarios e coa marabillosa galería e terraza dos edificios das Casas dos Cóengo de fondo.
E se queres aproveitar ben, ben o día, estamos xa co noso horario de verán co que poderás percorrer durante todo o día as múltiples ofertas culturais que Padrón che ofrece: https://www.padronturismo.gal/ e das infinitas curiosidades do Museo do premio Nobel que, ese día, por razóns evidentes de aforo, non terá visitas guiadas; Pero aquí tendes os horarios completos do Museo para o que queira vir a coñecernos: https://fundacioncela.gal/gl/horarios-e-tarifas, paga a pena!
#SAVETHEDATE:
XIRA "LUGARES MÁXICOS" DE CARLOS NUÑEZ
24 DE AGOSTO ÁS 20:00
Entradas 22 €uros en Ataquilla.com: Entradas CARLOS NúñEZ "XIRA LUGARES MáXICOS" en Iria Flavia (Padrón) - jueves, 24 agosto 2023 - desde 22,00 € - OTRAS MÚSICAS | Ataquilla.com (Es)