EXPOSICIÓN "CEN ANOS DA REVISTA DE OCCIDENTE"

Primeiro número da Revista de Occidente (xullo de 1923)

Co gallo do centenario da publicación do filósofo Ortega y Gasset, Revista de Occidente, a Fundación rende unha pequeña e emotiva homenaxe que conmemora o seu século de vida.

Facendo un percorrido polas tres etapas da revista, dende a súa fundación en 1923 ata a actualidade, resúmese o discorrer dun dos faros culturais da Idade de Prata das revistas españolas.

Do mesmo xeito, vencéllase esta publicación con Papeles de Son Armadans, revista fundada por Camilo José Cela en 1956, a través das colaboracións entre ambas, publicando textos dos seus autores ou intercambiando publicidade.

A exposición "Cen anos da Revista de Occidente" poderá visitarse na sede da Fundación en Iria Flavia ata o final do verán.

Para calquera información, chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico visitas@fundacioncela.com