O pasado 28 de febreiro inaugurouse na Fundación a exposición "Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela", que narra a amizade entre o pintor malagueño e o escritor padronés. A través de case medio centenar de pezas, faise un percorrido pola relación entre dúas grandes figuras da literatura e da pintura do século XX. Libros, manuscritos, cuadros, obxectos persoais e un longo etcétera tecen os fíos dun anaco da historia entre Cela e Picasso.
A exposición, feita íntegramente con materiais do legado que CJC doou a Galicia, enmárcase dentro do "Ano Picasso", no que se lembra o pasamento do pintor.
Poderá visitarse ata o 31 de maio en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 h.