NOVA PROGRAMACIÓN EDUCATIVA PARA O CURSO 2025-2026

Programación educativa 2025-2026

Coma tódolos anos, a Fundación Camilo José Cela oferta aos centros escolares unha completa programación educativa coa finalidade de que tanto alumnos como profesores coñezan ao premio Nobel padronés e o seu museo. 

Obradoiros, visitas guiadas e interaccións entre os membros da comunidade educativa e do museo é o que agavilla esta programación pensada para que os escolares aprendan xogando.

Para máis información, prégase chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico iriaflavia@☺fundacioncela.com

Agardámosvos!

programacion-educativa-2025-2026-esp_1.pdf