XXIV ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE CAMILO JOSÉ CELA

Ofrenda floral en el cementerio de Adina, Iria Flavia.

O pasado 17 de xaneiro cumpríronse vinte e catro anos do pasamento de Camilo José Cela. Por mor desta efeméride a Fundación lembrou a quen foi o seu presidente cunha ofrenda floral no cemiterio de Adina, en Iria Flavia.

No acto participaron o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o Alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca; a Subdirectora de Arquivos, Mª del Carmen Calviño; o portavoz do Grupo Popular do concello de Padrón, Ángel Rodríguez Conde; o Presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o Presidente da Fundación Otero Pedrayo, José Eduardo López Pereira,  ademáis do persoal da institución celiana. 

Trala colocación de sendos centros de flores, tanto o Conselleiro coma o Alcalde pronunciaron unhas palabras de lembranza polo autor de La colmena.