A Directora da Fundación, Covadonga Rodríguez, a Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, veñen de presentar o portal "As epístolas galegas de CJC", un proxecto realizado no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a institución cultural galega para dixitalizar e poñer a disposición do público as cartas de Camilo José Cela relacionadas con Galicia e conservadas na Fundación en Iria Flavia.
Nesta primeira fase publícanse a través da web do Consello da Cultura Galega unhas 231 cartas procedentes dunha trintena de autores. Entre elas destacan as misivas con Celso Emilio Ferreiro, embaixador da revista Papeles de Son Armadans en Galicia, con Isaac Díaz Pardo ou coa Fundación Rosalía de Castro.
Tamén se recollen os textos relacionados coa tradución ao galego da novela La familia de Pascual Duarte, incluíndo o manuscrito do prólogo de Ramón Otero Pedrayo e as misivas sobre a tradución que realizou Vicente Risco.
Todo este fondo documental xa está a disposición dos investigadores que desexen afondar na figura de Camilo José Cela e da vida socio-literaria de Galicia na segunda metade do século XX en