O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo Camilo José Cela unha exposición que conmemora o trinta aniversario do Premio Cervantes que recibiu o escritor en 1995, así como o cincuenta aniversario da creación do galardón en 1975.
A exposición, que se poderá visitar ata decembro, reúne desde cartas con felicitacións polo premio a Cela ata recortes de prensa sobre a concesión e entrega do galardón. Tamén se pode contemplar un epistolario con outros premios Cervantes, incluíndo unha pequena homenaxe a Mario Vargas Llosa e ao poeta José García Nieto, cuxo legado se conserva na Fundación Camilo José Cela. Cartas de Rafael Alberti, premio Cervantes 1983, ou a candidatura de Francisco Umbral, premiado no 2000, forman parte desta exposición.
A mostra complétase cunha serie de caricaturas sobre o escritor padronés publicadas na prensa do momento.