Exposición "Camiños (IN)certos"

Exposición "Caminos (IN)ciertos"

O Museo Camilo José Cela ven de abrir novamente as súas portas ao público tralas restricións sanitarias do derradeiro mes de febreiro. O horario de visita será de luns a venres de 10.00 a 14.00 h., e, mentres dure a situación pandémica, non se cobrará entrada.

Os visitantes poderán gozar da exposición temporal "Camiños (IN)certos", que ampliou a súa estancia no Museo ata o vindeiro 31 de maio. Esta mostra inscríbese na antesala do Xacobeo 2021 e nela participan doce artistas que, a través das súas obras, fan unha referencia simbólica á novela La colmena (que en primeira instancia concibiuse como a primeira parte dunha triloxía baixo o título Caminos inciertos) e interactúan cos espazos expositivos en alegoría á actual situación.

Doutra banda, aqueles que se acheguen a Iria Flavia poderán coñecer de preto o inxente legado que Camilo José Cela donou a Galicia, país ao que, segundo as súas palabras, "quero devolver o que non teño senon prestado".

https://youtu.be/ITqE5oFpaeE