MAZURCA PARA DOUS POETAS

Mazurca para dos poetas

Co gallo do 30 aniversario da inauguración da Fundación Pública Galega e baixo a coordinación de Yolanda Castaño, a institución de Iria Flavia organiza o ciclo "Mazurca para 2 poetas".

Inspirado na empatía que Camilo José Cela sempre demostrou polos autores novos/as, e nos seus propios iniciáticos (e poéticos) pasos nas letras, a proposta seleccionou tres mozas pero, á vez, sólidas voces da poesía galega e española, e convidounas a que identificasen os seus auténticos referentes na poesía mundial contemporánea.

Ao longo de tres venres de xuño, propiciaremos as emocionantes ocasións na que eses nomes consagrados dialoguen e reciten a carón dos primeiros. E, co mesmo espírito mozo, pequenos concertos de música electrónica galega poñerán na terraza da Fundación un fin de festa para gozar.

AFORO LIMITADO, IMPRESCINDIBLE INSCRIPCIÓN PREVIA EN visitas@fundacioncela.com