
A Fundación José García Nieto, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca o IX Concurso de Micropoemas José García Nieto coa finalidade de fomentar a creación poética e contribuír á difusión da obra do poeta ovetense. Do mesmo xeito, o certame pretende manter viva a lembranza da gran amizade que mantiveron durante máis de cincuenta anos os dous escritores, ambos membros da Real Academia Española e premio Cervantes.
Os traballos premiados serán publicados en edición dixital polas Fundacións dos dous escritores. O fallo farase público o 18 de xaneiro de 2023.
Para máis información: IX Concurso de Micropoemas