O Museo Camilo José Cela amplía o seu horario

Museo Camilo José Cela

A Fundación amplía o horario do Museo Camilo José Cela coincidindo coa recuperación do número de visitantes e a ampla demanda de turismo cultural que está a suscitar o Camiño Portugués. Deste xeito, agora poderá visitarse de martes a sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Ademais, o Museo actualiza as súas tarifas, incluíndo novos colectivos gratuítos e con desconto, e volve ofertar as visitas guiadas á exposición permanente, que se realizarán ás 12.00 e ás 17.00 horas.

A entrada xeral terá un prezo de 3 euros; a reducida será de 1,50 euros e a entrada é gratuíta para menores de idade, maiores de 65 anos, grupos de escolares ou outros colectivos. Tamén será gratuíta para calquera visitante os martes todo o día e os sábados pola tarde. O complemento para visitas guiadas será de 2 euros por persoa.

Este novo horario estará vixente ata mediados do mes de outubro.

Para máis información, o teléfono do museo é 981-81.24.25, e o correo electrónico visitas@fundacioncela.com