ENCONTRO DE ESCRITORES EN IRIA FLAVIA

Encuentro de escritores en Iria Flavia

Durante os días 19 e 20 de outubro reuníronse na sede da Fundación en Iria Flavia, no marco do 20º aniversario do pasamento de Camilo José Cela, unha veintena de escritores nun encontro extraordinario no que se analizaron temas como "Literatura e realidade, unha relación conflictiva" ou "A traxedia como motor literario". 

Lembrando a reunión que capitaneou Camilo José Cela no ano 1998, diversos autores gozaron cun programa no que, ademáis das sesións de traballo na Fundación, os levou a percorrer as rúas de Santiago nunha visita á Compostela máis literaria. Tamén asistiron na Biblioteca Anxel Casal ao espectáculo "O inventor de palabras. Diálogo en tres actos", da man de Suso Martínez e Iñaqui Rosado.

Este encontro extraordinario complementa as citas que se levaron a cabo nos anos 2008 e 2019. Antonio Álamo; Ángela Vallvey; Blanca Riestra; Carlos Castán; Celso Castro; Estíbaliz Espinosa; Fernando Ontañón; Gabriela Bustelo; Gloria Méndez; José Antonio Ponte Far; José Miguel Giráldez; Lola Beccaría; Lucía Etxebarría; Óscar Esquivias e Toni Montesinos foron recibidos polo director xeral de cultura, Anxo M. Lorenzo; polo alcalde do concello de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e pola concelleira de cultura, Lorena Couso.