A Fundación

I XORNADA "XORNALISMO E LITERATURA DE ONTE E HOXE"

O pasado venres, 11 de abril, celebrouse na Fundación Camilo José Cela a primeira xornada "Periodismo e Literatura de onte e hoxe". En colaboración coas Fundacións Carlos Casares e Gonzalo Torrente Ballester, tres expertos analizaron a faceta xornalística destes escritores galegos. O periodista Ernesto S. Pombo, a profesora da Universidad da Coruña Olivia Rodríguez e o periodista Ramón Rozas falaron da pegada que o xornalismo deixou na escrita de CJC, Casares e Torrente Ballester.

DIXITALIZACIÓN E PUBLICACIÓN DAS CARTAS GALEGAS DE CAMILO JOSÉ CELA

A Directora da Fundación, Covadonga Rodríguez, a Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, veñen de presentar o portal "As epístolas galegas de CJC", un proxecto realizado no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a institución cultural galega para dixitalizar e poñer a disposición do público as cartas de Camilo José Cela relacionadas con Galicia e conservadas na Fundación en Iria Flavia. 

CONCERTO DE CARLOS NUÑEZ NOS XARDÍNS DO MUSEO

Para celebrar que chega o verán e que os nosos xardíns son un espazo máxico onde os haia, a xira "Lugares Máxicos" de Carlos Nuñez recala por primeira vez no Museo Camilo José Cela.

Un concerto único, cun aforo para 500 persoas que van gozar dun solpor inesquecible baixo camelias e castaños centenarios e coa marabillosa galería e terraza dos edificios das Casas dos Cóengo de fondo.

OFRENDA FLORAL EN LEMBRANZA DE CAMILO JOSÉ CELA

O pasado dezasete de xaneiro a Fundación Camilo José Cela lembrou ao escritor no día no que se cumprían vinte e un anos do seu pasamento. Para a ocasión, realizouse unha ofrenda floral xunto á tumba de CJC no cemiterio de Adina. O acto contou coa presenza do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o alcalde e a concelleira de cultura do concello de Padrón, Antonio Fernández Angueira e Lorena Couso; os alcaldes dos concellos de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xavier Castro, e o presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Comeza o IX Concurso de Micropoemas "José García Nieto"

A Fundación José García Nieto, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca o IX Concurso de Micropoemas José García Nieto coa finalidade de fomentar a creación poética e contribuír á difusión da obra do poeta ovetense. Do mesmo xeito, o certame pretende manter viva a lembranza da gran amizade que mantiveron durante máis de cincuenta anos os dous escritores, ambos membros da Real Academia Española e premio Cervantes.

LEMBRANZA DE CAMILO JOSÉ CELA NO 20º ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

A Fundación Pública Galega Camino José Cela ven de lembrar ao escritor padronés cando se cumplen vinte anos do seu pasamento. No cemiterio de Adina en Iria Flavia, fronte á Fundación, o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, levou a cabo unha ofrenda floral, acompañado polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o Concelleiro de Urbanismo do Concello de Padrón, Xosé Ramón Pardo; o Alcalde do Concello de Rois, Ramón Tojo, e o Presidente da Casa-Museo Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No acto tamén acompañou ás autoridades o persoal da Fundación.

MAZURCA PARA DOUS POETAS

Co gallo do 30 aniversario da inauguración da Fundación Pública Galega e baixo a coordinación de Yolanda Castaño, a institución de Iria Flavia organiza o ciclo "Mazurca para 2 poetas".

Inspirado na empatía que Camilo José Cela sempre demostrou polos autores novos/as, e nos seus propios iniciáticos (e poéticos) pasos nas letras, a proposta seleccionou tres mozas pero, á vez, sólidas voces da poesía galega e española, e convidounas a que identificasen os seus auténticos referentes na poesía mundial contemporánea.

Exposición “KUMANO KODO". Camino de Peregrinación

Desde o pasado 1 de febreiro e ata o próximo 11 de abril poderá visitarse no Museo Camilo José Cela a exposición “ Kumano  Kodo. Camino de peregrinación”, composta por máis de trinta fotografas do tristemente falecido Luís Ocaña. 
O Camiño  Kumano- Kodo é unha das peregrinacións máis importantes que teñen lugar en Xapón e que, xunto co Camiño de Santiago, compoñen os dous únicos camiños de peregrinación do mundo catalogados pola UNESCO, en 2004, como Bens Patrimonio da Humanidade. Ambos camiños están irmandados desde o verán de 1998.