Ata o vindeiro mes de outubro, o xardín do Museo Camilo José Cela está a disposición dos visitantes que desexen pasar un ratiño agradable, apacible, onde ler ou simplemente gozar dun momento de relax. A tranquilidade que ofrece este espazo non ten prezo.
O acceso ao xardín é totalmente gratuíto. Non deixedes de vir antes de que comece a chover.
Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981-81.24.25.