A partir do 28 de xullo, e ata o 10 de outubro, o Museo Camilo José Cela ampliará o seu horario para adaptalo á época estival.
Estará aberto ao público de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h. Os días festivos abrirá de 10.00 a 14.00 h. Os luns e domingos permanecerá pechado.
As visitas guiadas realizaránse ás 12.00 e ás 17.00 h.
Para calquera información ou concertar unha visita, pódese chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico visitas@fundacioncela.com