II MOSTRA DE CINEMA GALEGO FOCO NA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

II Mostra de Cinema Galego FOCO

Do 14 ao 18 de outubro celebraráse en Padrón a II Mostra de Cinema Galego - FOCO, creadora dun espazo de encontro arredor do cinema. Este ano réndese homenaxe a Manolo González, primeiro director da Filmoteca de Galicia (CGAI) e grande impulsor do sector.

Doutra banda, estréase a nova sección DaCasa, espazo dedicado ao talento da mocidade na bisbarra do Sar. Nesta primeira edición contaráse cos traballos de Zeltia Iglesias, Laura Sixto e Telmo Portas. Ademáis, colaborarán os centros padroneses IES Camilo José Cela e CEIP Rosalía de Castro.

A sección DaCasa terá lugar o vindeiro domingo, 18 de outubro, no auditorio da Fundación Pública Camilo José Cela, de 18.00 a 20.00 h. A entrada será de balde ata completar aforo.