EXPOSICIÓN "LA CASA DE LA TROYA. UNHA NOITE REVELADA"

Inauguración de la exposición "La Casa de la Troya".

Onte, 16 de xullo, inaugurouse na Fundación Camilo José Cela a exposición "La Casa de la Troya. Unha noite revelada", comisariada por Estíbaliz Santamaría. Ao acto asistiron o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; os Concelleiros do concello de Padrón, Mariló Saco e José Luis Mariño, e o Director do Museo Casa da Troya, Benigno Amor.

A mostra presenta un percorrido polas distintas adaptacións cinematográficas que se fixeron da novela de Alejandro Pérez Lugín, á par que reúne fotografías históricas da filmación, material gráfico e recursos divulgativos sobre a relevancia da película e a súa vinculación co territorio. 

A exposición estará aberta ao público ata finais de agosto e poderáse visitar en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 h. ata o 28 de xullo, mentres que en agosto ampliaráse o horario, de martes a sábado, de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.

Para ampliar información, pódese chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou no correo electrónico visitas@fundacioncela.com