O vindeiro venres, 6 de novembro, ás 12.30 h., o Museo Camilo José Cela inaugurará a exposición "Unha rede feita de papel. 70º aniversario de Papeles de Son Armadans". Con esta mostra faráse unha homenaxe a un dos proxectos máis queridos de Camilo José Cela: a revista que fundou en 1956 en Palma de Mallorca e que se mantivo en pé ata 1979.
A publicación foi, dende o seu inicio, unha tribuna que recuperou a voz dos exiliados españoles. Os escritores Alberti, Cernuda, Zambrano, Altolaguirre... enviaron os seus textos para volver a velos editados na súa patria trala guerra civil.
Doutra banda, Papeles de Son Armadans publicou nas linguas galega e catalá, nunha época na que utilizar estos idiomas equivalía a sufrir represalias polo réxime franquista. Autores como Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas ou Mª do Carme Kruckenberg viron os seus traballos nas páxinas da revista celiana. Carles Riba, J.V. Foix ou Joan Teixidor representaron a Cataluña. E mesmo houbo un autor éuscaro: Mikel Lasa. A polifonía lingüística foi unha das súas señas de identidade.
A exposición estará aberta ao público ata o mes de febreiro de 2027. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981-81.24.25 ou escribir ao correo electrónico visitas@fundacioncela.com