A Fundación Pública Galega Camilo José Cela acaba de lanzar na súa web a proposta educativa para o curso 2022-2023.
Esta programación específica inclúe visitas dinamizadas ao Museo, proposta de obradoiros didácticos complementarios ás visitas, asesoramento personalizado e posta a disposición de recursos TIC sobre a figura do premio Nobel, así coma o préstamo de valixas didácticas coas que os propios centros educativos poder traballar sobre as letras, a literatura e os Museos nas propias aulas/bibliotecas.
Todas as actividades incluídas na programación educativa da Fundación son gratuítas e precisan de reserva previa nos teléfonos e enderezos electrónicos habituais da Fundación.
Para máis información, https://fundacioncela.gal/gl/programacion-educativa