O pasado 11 de maio a Fundación Camilo José Cela lembrou a quen foi o seu Presidente, no día en que se cumprían cento dez anos do seu nacemento en Iria Flavia. Para iso, realizouse unha ofrenda floral no cemitero de Adina, no que participaron o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca; o alcalde de Dodro, Xavier Castro; o diputado autonómico Ángel Rodríguez Conde, e a directora da Fundación, Covadonga Rodríguez, así como o personal da Fundación.
Ao día seguinte, comezou o "Letreseo. As Letras no Museo", cuxa primeira actividade foi establecer unha xornada de portas abertas dende o 11 ata o 22 de maio, con entrada gratuíta para todos os visitantes.