EXPOSICIÓN "HABITAR O BALEIRO"

Inauguración de la exposición "Habitar el vacío"

O pasado venres, 18 de xullo, inaugurouse na Fundación Camilo José Cela a exposición "Habitar o baleiro", mostra fotográfica do fotoxornalista Brais Lorenzo Couto, que ten como obxectivo documentar o despoboamento e a vida no rural galego.

Trátase dunha mestura de trinta imaxes de Brais Lorenzo e textos de Claudia Morán e escritos por ela, Manolo Broa, Alba Modelo, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, para documentar as luces e as sombras dalgunha das áreas máis despoboadas de Galicia. 

A mostra complétase con textos do propio Camilo José Cela, así como tamén pezas que forman parte da colección do Museo. 

Esta exposición estará aberta ao público ata o 15 de setembro, en horario de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h.