I XORNADA "XORNALISMO E LITERATURA DE ONTE E HOXE"

I Jornada "Periodismo e Literatura de ayer y de hoy"

O pasado venres, 11 de abril, celebrouse na Fundación Camilo José Cela a primeira xornada "Periodismo e Literatura de onte e hoxe". En colaboración coas Fundacións Carlos Casares e Gonzalo Torrente Ballester, tres expertos analizaron a faceta xornalística destes escritores galegos. O periodista Ernesto S. Pombo, a profesora da Universidad da Coruña Olivia Rodríguez e o periodista Ramón Rozas falaron da pegada que o xornalismo deixou na escrita de CJC, Casares e Torrente Ballester.

A continuación, dúas mesas redondas, moderadas polo profesor José Antonio Ponte Far e a Directora da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez, e nas que participaron os intervintes anteriores, así como os escritores e xornalistas Elena Gallego Abad, Pedro Feijoo e Diego Ameixeiras, fixeron fincapé no xornalismo do século XX e o que se fai neste século XXI.

A clausura do acto contou coa presenza do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen incidiu na xornada como un magnífico xeito de estudar as traxectorias dos tres escritores, tanto no eido do xornalismo como no literario.