Dende este verán a Fundación conta cun novo evento musical: o Ciclo Extramundis. Ao seu amparo celebráronse en Iria Flavia ata o de agora dous concertos.
O 22 de agosto recalou novamente Carlos Núñez para presentar o seu novo disco, "Celtic Sea". Música celta, galega... Un abano de sons que encheron estas paredes de pedra.
O 7 de setembro Francisco Castro e a Banda dos Borges levantou ao público dos asentos para danzar sen pausa coas súas composicións.
Non remata aquí o noso Ciclo. O vindeiro 10 de outubro, ás 20.00 h., a Ensemble Liberdade experimentará coa música polas salas da Fundación. A venta de entradas será nas canles oficiais.
Agardamos que vos guste!